224 obras concorreron ó premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña dotado con tres millóns de pesetas. De entre elas, o xurado, composto por profesionais destacados do mundo da literatura subliñaron"A memoria do boi", de Vázquez Pintor, pola súa novidade, frescura que consegue, a través do estilo e da linguaxe retratar dun xeito novidoso unha Pontevedra de finais do século XIX.
A memoria do boi
"A memoria do boi" reflicte a través de escenas consecutivas o ambiente da Pontevedra de fins do S.XIX e principios do actual. Retratada cunha linguaxe clara e densa, Vázquez Pintor, conseguiu co seu estilo, segundo o voceiro do xurado, Xosé Antonio Ponte Far "facer fotografías a través da palabra".
Xurado e presentación
O xurado, composto por Javier Alfaya, Víctor Freixanes, José María Guelbenzu, Juan Ángel Juristo, Carlos Martínez Montesinos, José María Merino, Luz Pozo Garza e José María Ponte Far, decidiron conceder a Vázquez Pintos o premio Torrente Ballester pola súa calidade literaria, o seu estilo e a súa linguaxe, que, segundo eles, contribuirá a cambiar o panorama literario galego. Ademais, o acto serviu para presentar a obra "Una bandada de mujeres muertas" de Carlos Martínez Montesinos, o anterior gañador da pasada edición.
Literato e profesor
Non é a primeira vez que Vázquez Pintor (Melide, A Coruña, 1946) gaña un premio. En 1989 este profesor de lingua e literatura galega recibíu o premio Esquío por "No corazón mancado". A súa carreira comezou en 1971 con "Gándaras", á que seguiron sete obras máis. Pero non só cultivou narrativa, senón tamén poesía e teatro, ademais de colaborar como columnista en "La Voz de Galicia" e "Faro de Vigo".