Ourense acollerá o TEDxGalicia 2012

Dezaseis relatores intervirán neste encontro sobre innovación o 30 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole na Cidade das Burgas acollerá o vindeiro 30 de novembro o encontro TEDxGalicia 2012. A partir do leme E se...?, os dezaseis participantes no evento amosarán o xeito no que enfrontan as dificultaes nas súas respectivas disciplinas mediante charlas de 18 minutos. O evento contará coa presenza de profesionais como o cirurxián Diego González Rivas, a bailarina Silvia Montes, o divulgador Jorge Mira ou o violonchelista Carlos García entre outros. Os vídeos das intervencións poderán consultarse, como é habitual, na rede. Os interesados en asistir ao vivo teñen aberto o prazo de inscrición.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Jorge Mira, Cidade das Burgas

Claves

Protagonistas