A Consellería de Asuntos Sociais asume as tarefas de coordinación dos voluntarios apartando á empresa Tragsa pola cantidade de críticas recibidas

Buscar quen coordine

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O traballo da empresa Tragsa como coordinadora dos voluntarios e do material para a limpeza do vertido do Prestige suscitou numerosas críticas pola súa ineficacia. Tantas que o goberno galego decidiu prescindir dela sendo a Consellería de Asuntos Sociais a que asume a coordinación do voluntario. Preténdese deste xeito centralizar as tarefas de coordinación a través dun teléfono único que recollerá todas as chamadas e distribuirá os voluntarios segundo as necesidades de cada praia. Ademais coordinará os voluntarios de todas as comunidades autónomas, xestionará os seus desprazamentos e as accións das empresas privadas dispostas a colaborar.

Máis información na La Voz de Galicia.

Que che parece esta nova?
7 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prestige, Goberno Galego, La Voz de Galicia

Claves

Conceptos