Comeza o 30 Outono Fotográfico

O festival amplía a súa duración e integra novas formas de arte

26/10/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
5 lecturas | Compartido 0 veces

Logo do 30 Outono Fotográfico

Un total de 113 exposicións con 471 autores é a oferta expositiva do Outono Fotográfico de Ourense, que presentaba onte a súa trixésima edición. A iniciativa amplía desta volta a duración e o alcance do seu programa, desde unha primeira exposición en Barcelona en setembro, ata a clausura o vindeiro mes de xaneiro en São Paulo. Para alén das seccións oficial, con fotógrafos convidados, ou Outono Aberto, centrada nos amadores, o festival inclúe un espazo, Historias da Fotografía Galega centrado na recuperación da memoria histórica a través da imaxe. Ademais, a organización outorgará o Premio Nacional de Fotografía de Galiza.
Ademais, o evento contará cunha maior presenza doutras formas de expresión como a performance ou a pintura integradas na súas actividades.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

29/10/2008

Fotografía de outono

Máis de cen autores participan no Outono fotográfico, o festival da imaxe de Ourense