América Latina, Europa, Comedia e Galicia centran os ciclos temáticos do OUFF

Oito títulos concentran a presenza galega da 17 edición

22/10/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

Documentais, curtametraxes, de imaxe real e de animación… todos os xéneros e formatos mesturados para dar a coñecer o mellor da realidade cinematográfica en América Latina, Europa e Galicia. Estes son tres ciclos temáticos de carácter non competitivo que presentará o Festival de Cine de Ourense (OUFF) na súa 17 edición. Canda eles, tamén revalidan ao ciclo comedia, para dar a coñecer os últimos traballos deste xénero.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións
Compartir:

No panorama Galicia inclúense os documentais de Pedro Solla, Morreu o demo, acabouse a peseta, Pela del Álamo, N-VI, e os irmáns Hervera, Avión, o pobo ausente; os filmes de Héctor Carré Personal movie e Jorge Algora A pesar de todo, quérote. Completa o ciclo as curtametraxes O xigante, O sapateiro e O club do bromista.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Comedia, OUFF, Europa, América Latina...