Santiago opta a ser Cidade Convidada da Feira do Libro de Bos Aires en 2015

A directora cultural da feira iniciou estes días as conversas para formalizar o convite

18/10/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O vindeiro ano a feira do Libro de Bos Aires, unha das citas de referencia do sector cun promedio de 1.200.000 visitantes anuais, inaugura un novo formato: o programa de cidades convidadas. Amsterdam será a cidade encargada de abrir o proxecto que xa ten postos os ollos en 2015. A presidenta da Comisión de Actividades Culturais da feira, a viguesa Nelly Espiño, está estes días “iniciando un diálogo coas autoridades galegas, tanto da Xunta como do concello, para formalizar o convite de Santiago de Compostela”. Espiño explica que foi o consello editorial da Fundación El Libro, entidade civil que organiza o encontro, quen decidiu que fora Santiago a cidade elixida para 2015 polo “foco cultural que supón de Galicia e Europa”.

De momento só existe unha primeira toma de contacto tanto coa Consellaría de Educación e Cultura como co Concello de Santiago con resultados que a directora cultural considera “moi satisfactorios”. O seguinte paso será a visita da directora da Feira, Gabriela Damo, que concretará a proposta de actividades culturais. O editor e escritor Víctor Freixanes será o mediador galego deste encontro e valora a oportunidade como “unha lanzadeira da cultura galega no mundo”.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Feira do Libro, Bos Aires, Europa...