Paula Cons recibe o premio do certame de guións da Fundación Araguaney no marco das xornadas sobre o guión

Guións con curtas

18/12/2002 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O guión é o protagonista das xornadas organizadas pola Fundación Araguaney e que rematan hoxe na cidade compostelá coa visita de Xosé Cermeño, Antón Reixa e Xosé Morais. Ó remate entregarase o premio do Concurso de Guións Camiño do Xacobeo que recaeu en Paula Cons por “Ideas peregrinas”. Máis lonxe, en Zaragoza a curtametraxe de producción galega “Ciclo” recibiu o premio a mellor banda sonora orixinal . E de curtametraxes estará chea a Nasa que comeza hoxe o ciclo Fanzinasa, na que se exhibirán cinco curtas que serán presentadas en directo polos seus responsables.

Máis información sobre os premios da Fundación Araguaney en El Correo Gallego e na Nasa sobre o ciclo de curtametraxes

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, NASA, Paula Cons, Xosé Cermeño...