Unha xornada repasa a relación entre María Zambrano e Rafael Dieste

O Consello da Cultura organiza o evento o vindeiro 18 de outubro

Imaxe da xornada Zambrano-Dieste
Imaxe da xornada Zambrano-Dieste
O Consello da Cultura analizará a relación intelectual, epistolar e de amizade que uniu a María Zambrano e a Rafael Dieste. A xornada Zambrano-Dieste. O legado de dúas figuras insubornables, celebrarase o vindeiro 18 de outubro e contará coa presenza de María Xosé Agra, Xosé Díaz, Carmen Blanco, María Leyra, Arturo Casas ou Xosé Luís Axeitos, que abordarán diferentes aspectos do pensamento dos dous pensadores, abordando desde aspectos biográficos ata análises da súa obra ou do contexto histórico no que viviron.

Programa da xornada Zambrano-Dieste.