Querido Balbino

Unha exposición percorre a vida e obra máis popular de Xosé Neira Vilas

1/10/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Portadas dalgunhas das traducións da novela

Memorias dun neno labrego é, xunto con O lápis do carpinteiro, o libro máis traducido da literatura galega. Con 600.000 exemplares en 17 idiomas (estase a preparar unha tradución ao xaponés) é un referente da cultura galega. Agora, cando se cumpren cincuenta anos da súa publicación, unha exposición achégase á traxectoria do libro e da vida do seu autor. Paco Lareo, Chema Pazos, Rofer, Siro López, Damian Paío, Esperanza Lema, Antón Pulido, Xoán Domato, Xaquín Marín ou Sabela Arias inspíranse en Balbino para ofrecer trece retratos do rapaz da aldea máis popular do campo galego na exposicion titulada Querido Balbino.

Canda isto, cóntase cun catálogo explicativo ilustrado que documenta os comentarios que xerou esta obra na súa traxectoria así como a Carta a Balbino que Xosé Neira Vilas lle dedicou ao seu “fillo” literario. A exposición, que leva itinerando desde abril, abandona hoxe o concello da Laracha para continuar o seu percorrido.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

17/11/2011

Quiosco: Raigame 35

A revista etnográfica que edita a Deputación de Ourense publica un monográfico sobre Neira Vilas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Neira Vilas, Sabela, Xaquín Marín, Xaquín Marín...