Fina en Vigo o fundador de A Roda, Fito Domínguez

Foi un dos máximos divulgadores da canción popular galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Portada do último traballo "A Roda"

Portada do último traballo "A Roda"

Traballou como pasteleiro, caldereiro e acabou sendo soldador dos asteleiros vigueses. Foi precisamente nesta última etapa na que Adolfo Domínguez, máis coñecido como Fito, comezou a promover un proxecto musical que o faría popular, coa creación do grupo A Roda. O cantante apareceu morto no seu domicilio de Vigo este domingo, unha semana despois do pasamento da súa muller Filo. Como alma máter de A Roda fixo un traballo de divulgación e expansión da canción poular galega, así como de normalización lingüística na área musical, do que cómpre destacar títulos como Falemos galego, Para os amigos ou A Roda rodando.

O grupo A Roda, con 33 anos en activo, conta con máis de 15 discos editados e numerosos recoñecementos como o Premio da Crítica de Galicia ou a Vieira de Prata como mellor conxunto de música popular galega, que conece de a Orde da Vieira. Destaca tamén do seu traballo, as súas numerosas viaxes a centros da emigración, no que contribuiu a darlle azos a este xénero musical entre os galegos residentes no exterior.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Adolfo Domínguez, Normalización Lingüística, Xénero

Claves

Protagonistas
Lugares