A Agrupación Cultural O Galo foi a primeira iniciativa galega de asociacionismo civil no franquismo, unha entidade incansable en defensa e recuperación da cultura galega. A entidade está de loito polo pasamento do seu fundador, expresidente (entre 1991 e ano 2011) e actual presidente de honra, Óscar Fernández Refoxo. A entidade publicou no seu web un comunicacado no que destaca do seu perfil un fondo compromiso e defensa da cultura e a lingua galega tanto desde a asociación cultural o Galo, como patrono noutras entidades como o Museo do Pobo Galego ou Fundación Araguaney.