A tramoia descuberta (5): Sobre as táboas

Manu López e Ramón Estévez achegan as impresións dos actores

26/7/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:

As sensacións, inquedanzas e proxectos dos actores que están enriba do escenario, centra a quinta entrada da Tramoia. Desta volta falan Ernesto Chao, director de Lagarta, lagarta (compañía que acaba de anunciar a súa falta de actividade logo de 11 anos) e Yolanda Muíños. Chao recoñece que “cada vez me poño máis nervioso porque cada vez son máis conscientes” e que a gran popularidade chega sempre “ é moi difícil chegar a través do teatro aos niveis de popularidade da televisión” . Pola súa banda, Yolanda fala da falta de crítica e da importancia e “facer sentir algo, o que sexa, á escena”, ao tempo que reivindica a presenza das mulleres no teatro “que o temos difícil como en todo”. E na sección voz de Rúa Manu López e Ramón Estévez pregúntanlle á xente que prefire, cine, teatro ou televisión.

Créditos

Sintonías:
Sintonía entrada: Canción-Jean Paul. Intérprete-Ataque Escampe
Brincadeira: Canción-Misión de Audaces. Intérprete-Ataque Escampe
Sintonía recital: Canción Galicia Calidade. Intérprete: Ámbito quinito.
Voz da rúa: Canción-Colleita's Parti. Intérprete-Dios Ke Te Crew
Sintonía despedida: Canción-Río Grande do Sul. Intérprete-Emilio José

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Lagarta, Ernesto Chao, Mulleres...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares