Un manifesto de escritores e unha cadea humana do ensino, novas accións do mundo da cultura contra o Prestige

Novidades da Burla

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Esta fin de semana coñecéronse novas iniciativas contra a marea negra provintes do mundo da cultura. Por unha banda, vén de saír un manifesto redactado por Suso de Toro e asinado por escritores galegos coma Méndez Ferrín, Xavier Queipo, Miguel Anxo Murado. Onda eles autores españois coma Juan José Millás ou Maruja Torres e o Nobel portugués José Saramago apoian un texto que solicita, entre outras cousas, o cese dos responsables dos medios públicos galegos e a dimisión das autoridades do Goberno e da Xunta. Mentres, a coordinadora do ensino Areanegra, integrada na plataforma “Nunca Máis”, vén de convocar a profesores e alumnos para facer o día 22 de xaneiro unha cadea humana pola costa da morte.

Máis información na Canle da Burla Negra de Vieiros sobre o manifesto; sobre a cadea humana

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manifesto, Vieiros, Escritores, Ensino...