Ikimap, o servizo web de creación e intercambio de mapas en Internet creado en 2010 pola empresa compostelana SIXTEMA, presenta unha nova versión. Ademáis dun novo deseño que actualiza o web, Ikimap ofrece agora máis ferramentas para simplificar a creación de mapas ou administrar a privacidade dos mesmos, asà como dispón dunha API que permite integrar as súas funcionalidades en aplicacións de terceiros. O CCG dispón dun perfil en Ikimap que permite consultar tamén a información xeográfica de culturagalega.org e de consellodacultura.org.
Coincidindo co segundo aniversario de ikiMap acaba de lanzarse unha nova versión do servizo, na que se redeseñou por completo e se incorporaron ferramentas para simplificar a creación e publicación de novos mapas.
Os usuarios dispoñen agora dun perfil desde o que poden xestionar todos os seus mapas, decidir como e onde os publican, ou limitar a privacidade dos mesmos ó seu entorno de amigos ou clientes.
Integración con outros servizos
Como parte do lanzamento da nova versión, os programadores de páxinas web e aplicacións móbiles poden integrarse de forma sinxela con ikiMap, mediante una API. OruxMaps (www.oruxmaps.com), unha aplicación para debuxar mapas desde dispositivos móbiles, foi a primeira en integrarse, permitindo que os mapas creados desde os móbiles poidan visualizarse directamente en internet a través de ikiMap.