O Congreso rexeita unha proposta para elaborar un estudio da cooficialidade no Estado Español

De linguas

28/11/2002 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O voceiro do BNG no Congreso presentou onte unha iniciativa para elaborar un documento que analizase o estado das linguas cooficiais do estado en cumprimento coa Carta Europea. Un proxecto que obtivo o respaldo de todos os grupos da cámara agás o Partido Popular, polo que foi rexeitada ó estimar que o Goberno xa remitiu ó Consello de Europa unha primeira documentación previa á redacción do informe. Ademais, o Comité do Estado Español da Axencia Europea denunciou en Santiago a escasa atención que a Administración presta á defensa do galego, catalán e vasco.

Máis información en El Correo Gallego e Galicia Diario

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Partido Popular, Consello de Europa, El Correo Gallego, BNG...