A Coruña celebra a palabra con Coruña Mayúscula

O evento celébrase entre o 20 e o 21 de marzo

20/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Hoxe pola tarde dá comezo no centro sociocultural Ágora da Coruña o evento Coruña Mayúscula, que os seus organizadores definen como "un punto de encontro para os creadores, un escaparate para os consumidores de palabras e un espazo de intercambio de experiencias". Entre a tarde do martes 20 de marzo e mañá 21 (Día Mundial da Poesía), o novo centro cultural coruñés Ágora acollerá obradoiros literarios, recitais, mesas redondas e conferencias. Entre os participantes, estarán guionistas como Ángel de la Cruz, poetas como Luis García Montero ou Xavier Seoane ou filósofas como Chantal Maillard, entre outros moitos.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Ágora, Xavier Seoane, Xavier Seoane...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares