Xoán González Millán, un dos principais estudiosos da literatura galega, faleceu o pasado sábado en Nova York a raíz dun accidente de tráfico

Falece Xoán González Millán

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Xoán González Millán, un dos máis importantes estudiosos da nosa literatura, faleceu o pasado sábado en Nova York polas feridas sufridas nun accidente de tráfico o día anterior. González Millán, de cincuenta e un anos, compaxinaba as clases de Literaturas Hispánicas co seu cargo de coordenador da Cátedra de Estudios Galegos da University Center-Cuny en Nova York. Ademais, dirixía o Anuario de Estudios Literarios Galegos e era presidente da Asociación Internacional de Estudios Galegos (AIEG).

Máis información en O Correo Galego . Curriculo de González Millán . A AIEG recolle semblanzas e condolencias no seu o foro de Vieiros

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xoán González Millán, Literatura, Nova York, Vieiros...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares