A alborada que inspirou a Miles Davis

Un tema gravado en Vigo por Alan Lomax en 1951 inspirou o jazz do gran músico americano

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A historia aparecía onte nun especial que The New York Times facía sobre o traballo de recollida sonora de Alan Lomax nos 50, co gallo da edición dun novo álbum con gravacións feitas polo etnomusicólogo: The Alan Lomax Collection From the American Folklife Center. Entre a selección feita polo New York Times, está a Alborada de Vigo, interpretada polo xornaleiro e castrador de porcos José María Rodríguez. O New York Times achéganos a fermosa continuación desta historia. Este tema inspirou ao gran músico Miles Davis na súa composición "The Pan Piper", do álbum Sketches from Spain.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alborada, Vigo, Jazz

Claves

Conceptos
Lugares