A Velas Vir gañou o certame En Marcha Música Xove

O grupo tirará mil copias dun CD como premio

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Os monfortinos A Velas Vir impuxéronse na primeira edición do certame En Marcha Música Xove que convocou a Deputación de Lugo. O concurso, centrado en conxuntos de pop e rock, contou coa participación de 15 conxuntos, e como premio os gañadores editarán un CD con nove temas do que se tirarán mil copias. Os finalistas, Yuno de Viveiro, Stick-Up de Sarria e Miriam López Vila de Lugo gravarán pola súa banda un disco conxunto, nos dous casos nos estudios de Sons Galiza. O pasado mércores entregábanse na capital lucense os galardóns da que foi a primeira edición deste certame.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Rock, Deputación de Lugo, Viveiro...

Claves

Conceptos