A Cidade da Cultura repite con Pequeclassic tralo éxito da primeira edición

O monicreques de Viravolta abren esta edición con O poliño feo

| Santiago. Redacción | Seccións:
Compartir:
A Cidade da Cultura repite con Pequeclassic tralo éxito da primeira edición

Era un programa para achegar a música clásica aos máis novos, a prezo reducido (as entradas tiñan un custe de 3 euros) e nas instalacións da Cidade da Cultura. Pequeclassics repite na programación do Gaiás con tres novas obras. O poliño feo de Viravolta Títeres que reintepreta con monicreques e luz negra un conto popular, abre esta segunda edición que conta con catro espectáculos.

Música clásica e un marcado carácter didáctico fan parte deste programa que na primeira edición conseguíu vender todas as entradas. Ademais, a nota de presna remitida pola consellaría de Cultura e Educación, destaca que “os espectadores de Pequeclassics valoraron cun 9 sobre 10 a programación”.

As outras citas desta edición
Ensalada de instrumentos (domingo 12 de febreiro), trátase dun percorrido pola historia da música e as diferentes familias de instrumentos da man de Os Tres Tenedores, un grupo de musicólogos e docentes con ampla experiencia, que introducirán aos nenos na arte de tocar e diferenciar os sons.

O son dos metáis(domingo 4 de marzo), un concerto didáctico para maiores de cinco anos a cargo do Grupo de Metais Santa Cecilia de Ferrol, que a través de pezas clásicas de Bach, Mozart ou Rossini darán a coñecer a riqueza sonora dos instrumentos de vento metal.

Paxaro de lume (Domingo 8 de abril), unha adaptación da obra de Igor Stravinsky que se representará nun teatriño inspirado nos espectáculos de marionetas do barroco e coa presenza de músicos en escena a cargo da compañía lalinense Viravolta.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Rimar os títeres

O proxecto Títerehop mestura monicreques e rap en galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viravolta Títeres, Gaiás, Os tres TENedORES, Mozart...