Chega aos cines, Copito de Nieve a última produción de Fílmax

Parte do filme elaborouse en Bren, as instalacións que a factoría ten en Santiago

23/12/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

É un filme propio de Nadal, que mestura imaxe real e animación, e que conta a viaxe do único gorila branco do mundo, na procura da Bruxa do Norte para que o convirta nun gorila negro como os demais. Copito de Nieve é a última produción de Fílmax, a factoría de ficción que fundou o galego Julio Fernández , está dirixida por Andrés G. schaer e protagonziada por Pere Ponce, Elsa Pataky e Claudia Abate, entre outros. Parte do filme elaborouse nas instalacións que a compañía ten en Galicia, Bren Entertainment. Conta co apoio de Agadic e a Xunta de Galicia e chega hoxe ás carteleiras con 5 copias en galego das 200 que se distribúen e toda España.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Nadal, Xunta de Galicia, Lingua galega...