Sinbad chega o venres a 6 salas de cinema

Trátase dunha adaptación da novela de Alvaro Cunqueiro dirixida por Antón Dobado

Rodouse entre Ribeira, Santiago, Ames e conta a historia dun home, Sinbad, que conta, entre a imaxinación e a lembranza, as experiencias das súas viaxes pasadas. Protagonizada por Xosé Olveira “Pico”, no papel de Sinbad, conta con outros actores como Sara Casasnovas, Luís Zahera, César Cambeiro, Antonio Durán “Morris” ou Camila Bossa, dirixidos por Antón Dobao. O filme inclúese dentro das actividades previstas para celebrar o centenario do nacemento de Cunqueiro e o cincuenta aniversario da publicación que inspira o filme, Se o vello Sinbad volvese ás illas.