Pon o GPS a falar en galego... ou en vervo xido

Rinoceronte Editora agasalla arquivos de voz para Tomtom na nosa lingua e na fala dos canteiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Pon o GPS a falar en galego... ou en vervo xido

Xa podes configurar o teu navegador Tomtom para que fale en galego ou no vervo xido, a fala dos canteiros. A aproveitar o estudio de gravación que puxeron en marcha para lanzar os seus audiolibros, Rinoceronte Editora pon a disposición do público os arquivos para mudar a lingua do navegador. Dúas voces en galego, unha masculina e unha feminina, e mais unha versión na lingua dos canteiros están xa dispoñibles, ben mediante o programa de actualización do aparello, ben descargando os arquivos que acompañamos.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Cotaredo, 14

Quiosco: Cotaredo, 14

A fala dos canteiros analízase no último número da revista Cotaredo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rinoceronte Editora

Claves