Fernando Moreiras faise co Plácido Castro por unha tradición do poeta Alexander Pope

É a primeira vez que o autor inglés se traduce ao galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Alexander Pope foi un poeta que tivo, entre outras virtudes, o mérito de poder vivir dos beneficios xerados polo éxito comercial das súas traducións. A súa primeira contribución á literatura, como autor, foi Ensaio sobre a crítica, texto que acaba de traducir ao galego o profesor da Universidade de Vigo, Fernando Moreiras. Esa tradución acáballe de valer o décimo premio Plácido Castro, ao que este ano se presentaron cdez traballos. O xurado destacou que se trata “da primeira tradución deste autor ao galego, e da gran calidade da reproducción nos esquemas rítmicos da obra orixinal”. O premio non ten dotación económica e consiste nun diploma e nunha peza escultória deseñada por Xaquín Chaves.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Plácido Castro, Ensaio, Literatura...

Claves

Protagonistas
Lugares