Vaca Films producirá a primeira longametraxe de Alejandro Marzoa

O filme comezará a rodarse a principios de 2012 e conta coa coprodución de El Terrat

No marco da súa liña de apoio a novos realizadores galegos, Vaca Films producirá a primeira longametraxe de Alejandro Marzoa (Vigo, 1979). Curtido en curtametraxes e outros proxectos audiovisuais este vigués dirixirá Somos xente honrada, unha comedia social que a produtora galega coproducirá coa catalana El Terrat. “É unha idea que nos presentou o propio Alejandro, que ten unha mirada moi especial e fai parte da última fornada de curtametraxistas galegos” asegura Borja Pena, produtor do filme. A rodaxe está prevista para principios de 2012.