A mansión dos murmurios verá a luz en castelán da man de Dolmen Editorial

A obra, debuxada polo galego Tirso Cons, consegue unha boa recepción en Francia

Primeira páxina de <i>Le manoir des murmures</i>
Primeira páxina de Le manoir des murmures
A poucos días do seu lanzamento oficial, o pasado 22 de agosto, o volume tres da serie Le manoir des murmures, con debuxo de Tirso Cons e cor de Javi Montes, lidera a lista de obras máis vendidas en Francia. Así o asegura o web BD.fr a partir dos datos da tenda en liña Bdfugue.com, mentres que BDges.com sitúa a obra entre as cinco mellores de agosto. Canda a isto, chega a nova de que Dolmen correrá coa edición en castelán do tomo que recolle os tres volumes desta serie. O primeiro número está dispoñible tamén en galego da man de El Patito Editorial.