As xornadas de traballo de Sara MartÃnez Pérez (A Coruña, 1980) nestes últimos dÃas de agosto son un contÃnuum que non se saben onde comezan e cando rematan. Todo para converterse en Sara Coleman, a deseñadora que presentará en Cibeles 22 estilimos (aÃnda que a súa intención é poder chegar ata o 24). Pero antes ten outra cita na capital madrileña, a Semana Internacional da Moda, que arrinca mañá en Madrid. Unha marca no calendario que é menos glamourosa pero non menos importante, porque é a feira sectorial máis importante do Estado.
Madrid non é unha descoñecida para Sara Coleman, e a pasarela Cibeles moito menos. En febreiro deste ano deu o salto á pasarela ao lado das firmas consagradas da moda galega. E non lle tremeron as agullas. “Era un paso que querÃa dar, logo de completar os catro anos que podes participar en El Ego (a sección do desfile pensada para as deseñadores noveis)” asegura esta Coruñesa que toma o seu nome artÃstico da súa xénese familiar (o seu bisavó era inglés). En febreiro xuntou todos os seus traballos, fixo unha proposta e enviou os papeis para presentarse como marca propia. “Foi máis doado do que esperaba” asegura a deseñadora, que presenta o vindeiro dÃa 19 a súa segunda gran incursión en Cibeles. Nesta ocasión prepara xunto con Idioa Cuesta unha colección titulada Ancestra que se asenta na cesterÃa galega para ofrecer, outra vez máis unha colección moi “atlántica”, que bebe nos tecidos tradicionais galegos como liños e, nesta ocasión vimbios.
“As claves do meu traballo están nas estruturas orgánicas e bebendo moito da cultura galega” asegura unha deseñadora que ten uns sinais de identidade moi diferentes do que estamos afeitos para a moda tradicional: ten a produción centralizada en Galicia, emprega materiais completamente naturais e orgánicos e, por suposto, non contrata man de obra escrava. “Quen busca os nosos produtos sabe ben que son de calidade e apetécelle diferenciarse” asegura. De momento, as súas prendas poden atoparse nas tendas multimarca, pero na súa intención está buscar novos camiños e novos mercados. De aà é tan importante a cita da pasarela Cibeles, como a da Semana Internacional da Moda que arrinca mañá en Madrid. “Temos que buscar novos clientes, debemos potenciar a exportación e iso é un camiño lento e duro” afirma. No seu calendario, ademais das citas madrileñas está introducirse no mercado internacional e xa ten os ollos postos e dous destinos: o mercado británico, onde comezan esta semana a comercializar a súa marca, e o chinés. “Temos unha oferta para participar nun desfile en China ao que posiblemente acudamos porque, hai que empezar a ver China máis que como un produtor, como un cliente”.
Xuntemos esforzos en vender a profesionalidade
A asistencia á pasarela Cibeles supón un desembolso económico considerable. Sen facilitar cifras concretas do gasto que implica, Sara asegura que é un investimento necesario. “O nivel de promoción e de coñecemento que che facilita unha cita asà é inasumible se o fas pola túa conta” asegura ao tempo que recoñece ter apoio da administración galega para esa cita. “O IGAPE sempre nos apoia cunha partida económica para desenvolver este tipo de proxectos, pero tamén contamos con numerosos patrocinios privados que, xunto con noso propio investimento, nos permite acudir a estas citas”. Malia que exerce sempre como galega tanto nas súas declaracións, como nas súas propias coleccións, Coleman non ten participado na pasarela galega PontusVeteris. “Máis que promover unha pasarela galega, entendo que serÃa máis lóxico xuntar os esforzos en vender a profesionalidade, a calidade, despois xa virán as etiquetas” asegura Coleman.
Bo momento da creación galega
Sara Coleman é a máis coñecida dunha relación ampla de deseñadores galegos formados en Galicia (iso si, con numerosas visitas ou estadÃas no estranxeiro para completar a súa etapa de aprendizaxe). Moitos deles, curtidos nos talleres das grandes firmas galegas (desde Inditex ata a Sociedade Téxtil Lonia) que dan o salto a crear a súa empresa propia. Na opinión de Coleman, “existe un alto nivel creativo que está completamente desaproveitado” . Partindo da base de que todo o mundo produce fóra, as claves pasan polo deseño e o patronaxe. “Penso que en Galicia temos escolas moi fortes como Esdemga (titulación propia da Universidade de Vigo) que fai fincapé na parte máis creativa e artÃstica, a escola Mestre Mateo ou mesmo a de Felicidad Duce que fai que de aquà saia xente moi boa que impulsa unha gran creatividade” afirma. O problema é dar o salto ao mercado con marca propia e abrirse un pequeno oco nun mercado cada vez máis saturado. Ese é o verdadeiro reto. Sara ten ben deseñado o seu patrón e agora, como ela mesma asegura “un dos grandes retos é conseguir manterme en Cibeles e abrir novas vÃas no mercado europeo”.