Un recital lembra a importancia de Pucho Boedo revisitando o repertorio dos Tamara

Repasarán o cancioneiro da formación adaptado a formato orquestral

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Unha lectura superficial diría que Pucho Boedo foi o cantante dos Tamara, a quen a Coruña lembra con dúas estatuas (unha praza de Azárraga e outra no Ventorillo). Outra moito máis profunda evidenciaría que foi a banda sonora do país, que cantou en galego e que liderou unha banda que chegou a ser formación residente no Olympia de París. Por iso hoxe, os cantantes Sito Sedes, Miguel Ladrón de Guevara e Paco Lodeiro, xunto coa Banda Municipal de Música e co escritor Xurxo Souto como presentador ofrecerán a súa particular homenaxe a Boedo. Esta noite (21:30 horas), a praza de María Pita soará ao ritmo de clásicos como Galicia terra nosa ou A Santiago voy .

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cancioneiro, Xurxo Souto, Clásicos, A Coruña

Claves

Protagonistas
Lugares