Un estudo indica que o exceso de visitantes dana a praia das Catedrais

Está realizado pola Universidade de Santiago a través de Ibader

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Danos para as persoas (pola falta de seguridade) e para o propio monumento natural (deterioro polo paso incontrolado). A situación e organización actual das visitas á Praia das Catedrais ten consecuencias negativas para este enclave declarado monumento natural e incluído na Rede Natura. A Xunta encargou a principios de verán unha investigación a través do Instituto da Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) que indica danos para este espazo polo número e falta de control de visitantes a este espazo. Unha das primeiras conclusións deste estudo incide na necesidade de organizar percorridos.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Natura

Claves

Conceptos