Víctor Carou será o novo director do Auditorio de Galicia

O nomeamento farase oficial en setembro, segundo adianta El Correo Gallego

10/8/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Coa remuda do goberno municipal en Compostela, muda tamén a dirección do Auditorio de Galicia. Segundo adianta hoxe El Correo Gallego, Víctor Carou, ata o de agora responsable do festival Via Stellae, será o novo encargado deste espazo. O nomeamento no será efectivo ata o vindeiro mes de setembro, pretende, segundo recolle o xornal, relanzar a actividade do auditorio e incrementar o vencello da cidadanía coa entidade. Entre outras cuestións, preténdese incrementar o número de aboados, así como ampliar a axenda musical vencellada ao recinto.

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Auditorio de Galicia, El Correo Gallego, Santiago de Compostela