El Patito lanza a versión en galego do Noble Causes de Fran Bueno

O volume compila a primeira época do autor galego na serie de Image

Capa da edición en castelán de <i>Noble Causes</i>
Capa da edición en castelán de Noble Causes
Causas nobres é o título do volume que recolle por vez primeira en galego o traballo do compostelán Fran Bueno con guións de Jay Faerber que vira a luz en Estados Unidos como Noble Causes da man de Image. A obra que presenta El Patito Editorial o vindeiro 14 de agosto no festival Viñetas desde o atlántico, compila os catro números que compoñen a primeira etapa do compostelán na serie, cun total aproximado de oitenta páxinas. A obra, que ten tamén versión en castelán, sairá á venda por 16 euros. A historia narra a vida da familia Noble, cuxos membros están dotados de superpoderes, e obtivo un grande éxito na súa edición orixinal en Estados Unidos.