Polaqia adianta a súas novidades para Viñetas

Verán a luz o último número do Barsowia, un libro bosquexos e un volume con dúas historias independentes

Capa despregable de Luís Sendón para o <i>Barsowia</i> 16
Capa despregable de Luís Sendón para o Barsowia 16
Continúan a se coñecer as novidades que editoras e colectivos galegos van lanzar con ocasión do vindeiro Viñetas desde o Atlántico. Desde Polaqia anuncian o lanzamento do último número do fanzine Barsowia, o 16. A publicación terá unha edición especial cunha dupla capa despregable a cargo de José Domingo e Luís Sendón. Canda a eles, colaborará no evento a práctica totalidade dos debuxantes que teñen colaborado na cabeceira así como deseños de camisetas e chapas realizadas polo colectivo. Canda a isto, preséntase tamén un novo número da colección sketchbook, dedicado desta volta a un libro de bosquexos de David Rubín. Desde o colectivo sinalan que antes de que acaba o ano agardan tirar novas publicacións desta serie. Finalmente, Sergio Covelo e Álvaro López compartirán espazo nun libro que presenta unha historia independente de vinte páxinas de cada un destes autores.

A lista de autores que colaboran no último Barsowia é a seguinte:
José Domingo, Luis Sendón, Diego Blanco, Alberto Guitián, David Rubín, Albero Vázquez, Brais Rodríguez, Álvaro López, Jesse Jacob, Ana Santiso, Hugo Covelo, Ana Galvañ, Fidel Martínez, Michael Bonfiglio, Sergio Covelo, Dylan Horrocks, J.M. Ken Niimura, Miguel Porto, Kike Benlloch, Pedro Villarejo, Jano, Xurxo Penalta, Roque Romero, Miguel B. Núñez, Alexis Ziritt, Manel Cráneo, Emma Ríos, Hwei Lin Lim, Esteban Hernández, Paulo Monteiro, Oscar Iglesias, Luis Bustos e Bernal Prieto.

Capa do Sketchbook dedicado a David Rubín

Capa do Sketchbook dedicado a David Rubín

Capa de José Domingo para o Barsowia 16

Capa de José Domingo para o Barsowia 16