Unha ampla presenza galega marca o I Encontro de Escritores da Lusofonía

O evento celébrase en Monção entre os días 29 e 31 de xullo

Quico Cadaval, Marina Oural, Raquel Miragaia, Iolanda Gomis, Iolanda Zúñiga, João Guisam Seixas e Sechu Sende compoñen a representación de autores galegos que participarán on I Encontro de Escritores da Lusofonía. No evento, que se celebra entre o 29 e o 31 deste mes no Palácio da Breijoiera, en Monçao, estará tamén representada a nosa música co traballo de Ugia Pedreira e Uxía Senlle que darán cadanseus concertos, e mais o musicólogo José Luís do Pico Orjais. O investigador Carlos Quiroga, o politólogo Carlos Taibo e mais o presidente da Asociación Ponte... nas ondas, Santiago Veloso, completan a representación do noso país nun evento que quere reflexionar sobre a creación na lusofonía, as novas tecnoloxías e a literatura e os movementos altermundistas.