Empresas galegas anticiparán os seus traballos en Mundos Dixitais

Perro Verde Films leva un adianto da adaptación cinematográfica de Enrugas

O vindeiro 7 de xullo terá lugar, no marco de Mundos Dixitais, unha xornada centrada no cinema e na aniamción. Unha cita na que haberá presentación de tres empresas galegas. Destaca Perro Verde Films, que despois de facelo no festival de curtametraxes de Cans, achegará un adianto de Enrugas (a adaptación cinematográfica en 2D sobre a banda deseñada de Paco Roca co que levou o Premio Nacional de Cómic en 2008). Canda esta, Otiiplanet exhibirá fragamentos de de Rascayú, a serie de animación na que actualmente traballa Juan Nouche. Completa a presentación galega Moonbite Games, outra spin off da Universidade de Santiago de Compostela.