A figura de Álvaro Cunqueiro protagoniza un documental que se emite en TVE 2

Inclúese na serie Imprescindibles, dedicada a personalidades da ciencia e da cultura

A serie Imprescindibles emite mañá venres (TVE 2, 22:00 horas) un documental sobre a figura de Álvaro Cunqueiro. Imaxes de arquivo nas que o propio Álvaro Cunqueiro fala da súa literatura, dos seus amigos e dos seus gustos. Iso, completado coa visión del a cargo de familiares, escritorse, amigos e especialistas como César Antonio Molina, Francisco Fernández del Riego ou Nélida Piñón, máis un ensaio dunha das pezas máis importantes da súa produción, Don Hamlet. Con este material, Miguel Anxo Murado escribe o guión dunha produción que ten a Antón Reixa como director.