Lois Pereiro. Unha persecución súmase á lista de títulos sobre o poeta

Mario Regueira asina un texto de análise que publica 2.0 editora

Capa de <i>Lois Pereiro. Unha persecución</i>
Capa de Lois Pereiro. Unha persecución
A biblioteca Ánxel Casal de Compostela acollía na tarde de onte a presentación de Lois Pereiro. Unha persecución. A obra de Mario Regueira fai unha aproximación ao homenaxeado no Día das Letras deste ano a partir dos seus versos. Segundo explica o texto de presentación, "unha das tentativas deste libro é seguirlle a pista, atravesar esas fronteiras cara a un e cara ao outro lado, cunha expectativa que mestura a do contrabandista que perdeu o seu grupo e a do vixía que pretende darlle caza". O volume está editado por 2.0 editora como segundo número da súa colección Folksonomías.