Falece Juan Farias, referente da literatura infantil e xuvenil estatal

O escritor levara galardóns como o Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil

Retrato de Juan Farias
Retrato de Juan Farias
O pasado venres falecía na súa casa de Villaviciosa de Odón, Madrid, o escritor Juan Farias, recoñecido como un dos grandes renovadores da literatura infantil e xuvenil do Estado. Farias, nado en Serantes en 1935, desenvolveu unha intensa carreira creativa que a partir de 1977 se centrou en obras para os máis novos, con títulos como Algunos niños, tres perros y más cosas ou a triloxía Crónicas de Media Tarde. O seu traballo valeulle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de 1980 ou o Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil en 2005. Aínda que a súa obra se desenvolveu en castelán, varios dos seus libros están traducidos ao galego. Farias foi enterrado onte no cemiterio de Villaviciosa.