Doentes chegará a Moscova e Dobao remata a rodaxe de Sinbad

Xerais editará unha monografía sobre o Novo Cinema Galego

Chegou as carteleiras galegas hai unha semanas e inicia agora o seu percorrido por festivais. Doentes (Filmanova e Zircozine) foi seleccionada para participar na 33 edición do Festival Internacional de Cine de Moscova na sección Focus on Spain. Hai máis novas para o audiovisual galego, xa que Antón Dobao rematou a rodaxe da súa adaptación da popular obra de Álvaro Cunqueiro Si o vello Sinbad volvese ás illas. A película, que se emitirá na Televisión de Galicia baixo o nome de Sinbad, enmárcase no ciclo Un mundo de historias. E remata este repaso pola actualidade da produción audiovisual cunha publicación. Martin Pawley, José Manuel Sande e Xurxo González elaborarán a primeira monografía sobre o que deron en chamar Novo Cinema Galego.

Ligazóns