Letras de Cal chega ao pdf

Os catorce volumes desta colección poética pódense descargar de balde desde Poesiagalega.org

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Letras de Cal chega ao pdf

Foi un dos baluartes da renovación poética galega de finais anos noventa. A colección Letras de Cal acolleu, entre 1997 e 2001, os versos de moitos autores que hoxe están xa plenamente recoñecidos no sistema literario galego. María Lado, Igor Lugrís, Sechu Sende, Carlos Negro ou Olga Novo son só algúns dos autores que publicaron no marco deste proxecto. Agora, os catorce volumes que se publicaron dentro da colección, incluíndo a antoloxía dEfecto 2000 e outra con traducións de poesía vasca, están dispoñibles integramente na rede en formato pdf da man de Poesiagalega.org. Achegámoste tres destas obras como un exemplo do que podes atopar nesta colección.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

As voces dos 90

As voces dos 90

Poesiagalega.org recupera recitais en pubs composteláns entre 1997 e 2000

O nodo dos versos

O nodo dos versos

Poesiagalega.org pretende converterse nun punto central da reflexión poética en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Olga Novo, María Lado, Carlos Negro, Poesía...