Cerditos de Guinea publica o segundo volume de Os cinco loitadores

Pelexa na praia continúa a versión galega desta serie

Capa do segundo volume de <i>Os cinco loitadores</i>
Capa do segundo volume de Os cinco loitadores
Co título de Pelexa na praia a editora Cerditos de Guinea presenta o segundo volume da serie Os cinco loitadores. A obra, realizada por Jerry Frisen e Bill e publicado orixinalmente en francia por Humanoïdes Associés achega as aventuras destes cómicos personaxes de loita libre á costa. O álbum, de formato de 17x24 centímetros conta con 48 páxinas a cor e sae á venda por dez euros na nosa lingua.