Sae á venda en Estados Unidos The Tattered Man de Norberto Fernández

O debuxante vigués traballou sobre un guión de Jimmy Palmiotti e Justin Gray

Capa de <i>The Tattered Man</i>
Capa de The Tattered Man
A coñecida editora estadounidense Image saca mañá á venda neste país The Tattered Man, primeiro traballo nesta firma do vigués Norberto Fernández. A historia, con guión de Jimmy Palmiotti e Justin Gray narra a historia dun espírito de vinganza que se reencarna no Nova York moderno desde os campos de concentración da Alemaña Nazi. A obra de corenta páxinas que sae publicada a toda cor, chega ás librarías cun prezo 3,99 dólares.