Cento sesenta páxinas a branco negro que percorren a vida e a obra de Lois Pereiro. Esta é a proposta que fai Jacobo Fernández en Breve encontro, unha novela gráfica que edita a Xunta de Galicia e que se presentará nas vindeiras semanas. A obra, subtitulada Un achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta Lois Pereiro céntrase nunha grande parte en percorrer a biografÃa do autor, "o que lea a cómic terá idea da súa vida, logo hai tamén poemas e anacos dos seus textos. Despois eu fago a miña achega máis persoal sobre poemas e sobre todo encol de temas da súa poesÃa", explica Fernández. Roberto Varela, conselleiro de Cultura, anunciaba esta mañá a vindeira publicación desta obra, xa rematada e en fase de edición, no marco da presentación das obras completas de Pereiro nunha edición bilingüe en galego e castelán e dunha antoloxÃa en inglés.