Isabel Coixet, Fernando León e Jorge Coira participan na VIII edición do Festival de Cans

Entre as novidades destaca o Can Campus, que implica a estudantes na elaboración de videoclip

É a festa do audiovisual galego por excelencia. Comezou sendo un festival de curtametraxes que aproveitaba que a localidade na que se celebra se le igual que a cidade francesa na que se desenvolve un festival de cine (Cannes) para tirar de ironía. Acobou por converterse nunha cita “ineludible” do calendario que mestura audiovisual (con todos os formatos posibles) con música con gran acerto. Con só oito edicións, Alfonso Pato, conseguiu organizar un festival que agrada a políticos, profesionais e público ao tempo que implica activamente aos habitantes desta localidade. Nesta edición, que arrinca o día 18 de maio, contará coa presenza de Isabel Coixet, Fernando León e Jorge Coira que presentarán os seus últimos traballos e achegarán algunha sorpresa. Entre as novidades destaca o Can Campus, onde estudantes de comunicación audiovisual da Universidade de Vigo elaborarán videoclips ao lado de expertos profesionais. Concertos, proxeccións, coloquios e premios nesta cita que terá lugar do 18 ao 21 de maio.

Dosier da VIII edición do Festival de Cine de Cans.