Fernando Cortizo estreará O Apóstolo no Festival de Annecy

Fai parte da sección oficial pero fóra de concurso

Ten numerosas particularidades que converten a O Apóstolo nunha película moi agardada.É o primeiro filme de animación stop-motion estereoscópica de Europa; conta con Gary Oldman, John Goodman e Andy García para dobrar as personaxes de animación que na versión galega conta con Luis Tosar, Carlos Blanco ou Celso Bugallo; e inaugurou un curioso modo de financiamentoa través de particulares; ademais, a versión inglesa da canción correrá a cargo de Roger Daltrey, de The Who. Malia a premiere en Galicia en 2010, co gallo do Xacobeo, a estrea oficial terá lugar en xuño, no marco do Festival de Annecy. Fai parte da sección oficial, pero fóra de concurso, que terá lugar do 6 ao 11 de xuño nesa cidade francesa.