Os galardóns do ano

O audiovisual celebra o domingo o seu gran día, coa entrega dos premios Mestre Mateo

O auditorio de Ourense vístese de gala este domingo para acoller a gala que premiará os mellores traballos do audiovisual galego. O filme de Jorge Coira, 18 comidas parte como principal favorito ao contar con 16 candidaturas, entre as que destaca mellor longametraxe, mellor dirección e cinco para a interpretación (Luís Tosar, Federico Pérez e Antonio Mourelos a mellor actor de reparto; e Camila Bossa e Cristina Brondo a mellor interpretación feminina de reparto). Séguenlle de preto, a ópera prima de Luis Baquero Avilés, Retornos, con 15 candidaturas e a comedia de Enrique Otero Crebinsky , con 12. A película para televisión Mar Libre, de Dani de la Torre, suma dez candidaturas.