O Outono Fotográfico de Ourense está a piques de cumprir 20 anos. E para celebralo preparouse un evento cargado de actos e de mostras arredor da fotografía como obxecto artístico. Estarán os retratos históricos de Ramón Caamaño (organizado por Caixanova), a mostra antolóxica de Luis Escobar (traída por Caixa Galicia), o Álbum familiar (Caja Madrid), o concurso de Fotografía histórica e unha mostra do fotógrafo iraniano Abbas que achegará as súas Visións do Islam. E todo espallado por 15 salas en Ourense, en Celanova, Carballiño, O Barco, Verín, Maceda e nove cidades galegas que abrirán as súas portas o vindeiro 31 de outubro.
Máis información en
web da Fotografía auriense