Co disco Entretelas Fon Román volve tras un período de investigación musical e estética

O ex-compoñente de Piratas actuará en Ferrol e na Coruña a finais de mes

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Tres anos despois do seu debú en solitario Fon Román, o que foi guitarrista e compositor do grupo vigués Piratas, presenta o seu segundo disco Entretelas , publicado polo seu propio selo Pequeñas Iluminaciones. Neste disco de once temas Román marca distancia sonora co seu primeiro traballo e reduce o peso da nostalxia sobre as cancións conseguindo unhas composicións máis vitalistas sen renunciar a unha intimidade emocional. O disco preséntase como unha obra que aúna conceptos musicais e estéticos, cousa que traslada aos video clips cos que se presenta mesmo a imaxe gráfica do álbum. Fon Román dará os primeiros concertos de Entretelas en Galicia o vindeiro 31 de marzo en Ferrol dentro do Ciclo "Novas Noites" no Centro Torrente Ballester e posteriormente na Coruña o 1 de abril cun concerto na Fnac.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fon Román, Fon, Piratas, A Coruña...