Ler, ouvir e cantar... con Mamá Cabra

O grupo presenta Ola, ola, la!, un proxecto que inclúe disco, libro e karaoke

Un disco que é tamén un conto ilustrado e que ademais ten versión en karaoke. Esta é a última aposta que fai o grupo Mamá cabra para os máis novos. Ola, ola, la! chega da man de Galaxia cun texto de Gloria Sánchez que enfía as letras das cancións nunha única historia, mentres as ilustracións deste traballo corren por conta de Kristina Sabaite. Os interesados en contemplar en directo o espectáculo correspondente a este lanzamento, teñen a ocasión nos concerto que o grupo está a realizar no marco do programa de dinamización lingüística Bocaberta.