Retranca é a única representación galega nas candidaturas do Saló de Barcelona

Consolídase a tendencia á baixa das opcións galegas a estes galardóns

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

As opcións galegas de conseguir este ano un dos galardóns do Saló del Cómic de Barcelona son este anos escasas. Unicamente a publicación Retranca opta ao premio á mellor revista do ano, sen que haxa máis presenza galega no resto das categorías. A única candidatura afianza a tendencia dos últimos anos, nos que se está a producir un descenso na presenza da nosa BD, tanto nas candidaturas como nos premios deste evento, considerados os máis importantes a nivel estatal. De xeito paralelo a estes galardóns está aberta a votación para os premios populares do Saló, onde os interesados poden propor libremente as obras que prefiran.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Retranca, Barcelona, Cómic

Claves

Conceptos
Lugares