Nace desde Vigo El Arca de las Historietas, unha nova revista de BD

O proxecto está liderado polo guionista David Braña

Capa de <i>El Arca</i> número 1
Capa de El Arca número 1
Logo dunha longa xestación, está xa en imprenta o primeiro número de El Arca de las Historietas. A nova revista de BD lánzase desde Vigo da man do guionista David Braña con 68 páxina a branco e negro e un prezo de 3 euros. Entre os colaboradores atopamos nomes como Agustín Padilla, David Buceta, David Picón, José A. Ares Pater, Adolfo R. Taboada ou o propio Braña,entre outros. A publicación pretende distribuírse a nivel estatal.

Ligazóns